O xerme do conflito Palestina-Israel ten as súas raíces a finais do século XIX, cando se creou o sionismo, que quería crear un Estado xudeu en Palestina, aínda que non era a súa única opción. O movemento sionista transformouse nun proxecto colonial. Por estes anos comezaron a formarse os primeiros asentamentos xudeus, comprando territorios aos otománs e terratenentes árabes. En 1917 creouse a Declaración Balfour, na que os británicos permitían a creación dun " fogar nacional do pobo xudeu " en Palestina, mentres prometían o mesmo territorio aos árabes. Moitos historiadores e estudosos refírense a el como a orixe do actual conflito árabe-xudeo. Con Hitler multiplicáronse as migracións xudías a Palestina, neste momento comezan os conflitos entre árabes e xudeus dentro das fronteiras de Palestina. Ante estes acontecementos, en 1947 a ONU aprobou unha solicitude para dividir Palestina en dous estados. En maio de 1948, Israel proclamouse Estado. Foi neste ano cando comezou a I Gue...
Visto todo ou contexto sobre Israel e Palestina, pódese dicir que nunca estiveron en paz e que poñer unha data para o inicio dunha guerra é difícil, xa que hai continuados ataque polos dous bandos. Aínda así poñemoslle a data do inicio da actual guerra na Franxa de Gaza o 7 de outubro de 2023, cando Hamás bombardeou Israel por “sorpresa” por, como dín eles, crimes de guerra, neste bombardeo resultaron mortas polo menos 5 israelís. Israel presenta unha rexia vixilancia sobre Gaza e que non se desen conta disto era estraño, e, como xa confirmaron varios países, foran avisados días antes do ataque, aínda que eles negárono, mesmo cando había probas. Ademais segundo o New York Times os funcionarios israelís habían obtido plans de ataque detallados máis dun ano antes de que este tivese lugar. Despois disto os palestinos entraron por terra e sucedeu o famoso masacre do festival de música, onde 364 mozos foron asasinados. Agora imos ver que estivo a pasar en todos estes meses que leva esta “gu...