Ir al contenido principal

Actual Guerra Israel e Palestina

Visto todo ou contexto sobre Israel e Palestina, pódese dicir que nunca estiveron en paz e que poñer unha data para o inicio dunha guerra é difícil, xa que hai continuados ataque polos dous bandos. Aínda así poñemoslle a data do inicio da actual guerra na Franxa de Gaza o 7 de outubro de 2023, cando Hamás bombardeou Israel por “sorpresa” por, como dín eles, crimes de guerra, neste bombardeo resultaron mortas polo menos 5 israelís. Israel presenta unha rexia vixilancia sobre Gaza e que non se desen conta disto era estraño, e, como xa confirmaron varios países, foran avisados días antes do ataque, aínda que eles negárono, mesmo cando había probas. Ademais segundo o New York Times os funcionarios israelís habían obtido plans de ataque detallados máis dun ano antes de que este tivese lugar. Despois disto os palestinos entraron por terra e sucedeu o famoso masacre do festival de música, onde 364 mozos foron asasinados. Agora imos ver que estivo a pasar en todos estes meses que leva esta “guerra”.


Despois do ataque palestino, Israel atacou 426 obxectivos o 8 de outubro, estes bombardeos duraron durante semanas, paralelamente continuou o lanzamento de cohetes desde a Franxa cara a Israel. A isto Israel reaccionou cun bloqueo total e o 11 deixou de funcionar a única planta eléctrica da rexión por falta de combustible, o 13 o exército israelí ordenou á poboación da metade norte da Franxa de Gaza que evacuase a zona cara ao sur, uns 1.1 millóns de persoas, e durante a evacuación bombardearon unha estrada por onde estaban a saír os palestinos. As evacuacións e bombardeos, a hospitais, escolas, igrexas, campos de refuxiados... seguiron, atacaron 4 veces o paso de Rafah que é polo único sitio que entra a axuda humanitaria. E non foi ata o 21 que entrou a axuda humanitaria á Franxa por primeira vez dende que empezou a guerra, con tan só 20 camións.  Os bombardeos israelís causaron o corte dos sistemas de telefonía e internet na Franxa de Gaza. Isto todo só o primeiro mes de empezar a guerra.


Durante os seguintes 6 meses houbo múltiples evacuacións, destrucións de casas e moitos bombardeos a: casas, convoi de ambulancias, cemiterios, moitas escolas e hospitais, campos de refuxiados, sedes políticas noutros países,… O 24 de Novembro asinan un alto ao lume, e aproveitan para intercambiar reféns, 104 retidos por Hamás  e 240 palestinos por Israel, a paz dura pouco, o 4 de decembro Israel volve atacar. O 31 de decembro a ONU declara que o 90%, 1,8 millóns de palestinos en Gaza, pasaban sen comer máis dun día. O 4 de Xaneiro é bombardeado un lugar marcado por Israel como “zona segura”, onde morren 14 palestinos. A ONU denunciou a incapacidade de levar axuda humanitaria a Gaza dada a denegación da entrada e os ataque por parte dos israelís e o 6 de Xaneiro, Médicos Sen Fronteiras publicaron un estudo que aseguraba que a media de nenos mortos superaba amplamente os cen diarios. O mes pasado advertiuse que a poboación palestina do norte de Gaza sobrevivía con tan só 245 calorías ao día, unha cantidade equivalente a 100 gramos de pan, o que supoñía menos do 12% das 2100 kilocalorías diarias necesarias por persoa.

 
Mentres tanto en Cisxordania, a outra parte de Palestina, o comezo desta guerra provocou enfrontamentos, o primeir día xa houbo 7 mortos palestino, e nestes sete meses non parou de subir esta cifra. Suceden abusos, por parte de policías, exercito e colonos israelís, de todo tipo: asasinatos, invasión e destrución de propiedades, feridos, secuestros, cortar estradas para que non poidan escapar, asasinatos queimando ás persoas,...


As mortes ascenden a 1520 israelís e 34.789 en Gaza, ademais de 1.900.000 desprazados, en Cisjordanía ascende ata 498. Mentres en Palestina foron asasinados practicamente todo nenos e civís, en Israel maioritariamente foron todos militares.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Historia Palestina e Israel

O xerme do conflito Palestina-Israel ten as súas raíces a finais do século XIX, cando se creou o sionismo, que quería crear un Estado xudeu en Palestina, aínda que non era a súa única opción. O movemento sionista transformouse nun proxecto colonial. Por estes anos comezaron a formarse os primeiros asentamentos xudeus, comprando territorios aos otománs e terratenentes árabes. En 1917 creouse a Declaración Balfour, na que os británicos permitían a creación dun " fogar nacional do pobo xudeu " en Palestina, mentres prometían o mesmo territorio aos árabes. Moitos historiadores e estudosos refírense a el como a orixe do actual conflito árabe-xudeo. Con Hitler multiplicáronse as migracións xudías a Palestina, neste momento comezan os conflitos entre árabes e xudeus dentro das fronteiras de Palestina. Ante estes acontecementos, en 1947 a ONU aprobou unha solicitude para dividir Palestina en dous estados. En maio de 1948, Israel proclamouse Estado. Foi neste ano cando comezou a I Gue...