O xerme do conflito Palestina-Israel ten as súas raíces a finais do século XIX, cando se creou o sionismo, que quería crear un Estado xudeu en Palestina, aínda que non era a súa única opción. O movemento sionista transformouse nun proxecto colonial. Por estes anos comezaron a formarse os primeiros asentamentos xudeus, comprando territorios aos otománs e terratenentes árabes.
Con Hitler multiplicáronse as migracións xudías a Palestina, neste momento comezan os conflitos entre árabes e xudeus dentro das fronteiras de Palestina. Ante estes acontecementos, en 1947 a ONU aprobou unha solicitude para dividir Palestina en dous estados.
En maio de 1948, Israel proclamouse Estado. Foi neste ano cando comezou a I Guerra Árabe-Israelí, que rematará en xullo de 1949 co armisticio árabe-israelí, onde Israel ocupará o 77% do territorio e Palestina practicamente desaparece. Os palestinos chamaron a este período al-Nakba, onde entre 750.000 e 800.000 musulmáns e cristiáns foron expulsados das súas casas e terras a outros países como refuxiados, ou ao que quedaba de Palestina (Cisjordania, Gaza e Xerusalén), e os que permaneceron en Israel asumiron unha nova identidade nacional como israelís. A Resolución de 1948 recoñece o dereito de retorno e compensación dos palestinos, pero setenta e seis anos despois, a resolución segue sen cumprirse.
Os conflitos non cesaron e o 5 de xuño de 1967 comezou a guerra dos 6 días, que rematou o 10 dese mesmo mes, coa vitoria en mans de Israel. Esta guerra enfrontou a Israel contra a República Árabe Unida, Siria, Xordania e Iraq e rematou coa península do Sinaí, a Franxa de Gaza, Cisxordania, Altos do Golán e Xerusalén en mans israelís. Neste enfrontamento houbo 700 baixas no lado israelí, fronte ás 20.000 do outro lado.
Como resultado desta batalla, provocou a Guerra de Yom Kippur de 1973, onde Siria e Exipto atacaron a Israel para recuperar os seus territorios perdidos na guerra anterior. Unha vez rematada a guerra, Israel e Exipto asinaron os Acordos de Camp David en 1978, onde a península do Sinaí foi devolta a Exipto a cambio de recoñecer a Israel como estado, e abriufuturas negociacións sobre Gaza e Cisxordania.
As masacres continúan nestes anos, e toda esa tensión estala en 1987 coa Primeira Intifada, que é o primeiro gran movemento popular de Palestina para acabar coa ocupación israelí. Comezou porque un israelí chocou contra dous camións de traballadores palestinos, dos cales catro acabaron mortos, Palestina viu isto como unha vinganza polo israelí falecido en Gaza días antes. De esta guerra son as imaxes dos palestinos tirando pedras contra os tanques israelís. O conflito durou seis anos e cobrou a vida de 200 israelís e 1.300 palestinos. Foi neste conflito onde naceu Hamás, en 1988 Yasir Arafat proclamou a independencia de Palestina, aceptando a solución dos dous estados, sen embargo Palestina segue sen ser un Estado recoñecido a nivel internacional de maneira unánime.
En 1992 fixéronse os Acordos de Oslo, que establecen un período transitorio, de menos de cinco anos, de autogoberno para Gaza e Cisxordania. Durante ese período, as forzas israelís retiraríanse de Gaza e Cisxordania e produciríase unha transferencia de poderes, aínda que non total, á Autoridade Nacional Palestina. Estes Acordos prevían cinco anos para chegar a un acordo de paz permanente, sen embargo os extremistas de ambos os países non cumpriron con esta paz e continuaron cos ataques.
Nos Acordos de Oslo fragmentaron Cisxordania en tres zonas:
- Zona A: baixo control civil e militar da Autoridade Nacional Palestina.
- Zona B: baixo control civil palestino pero baixo control militar palestino-israelí.
- Zona C: baixo control civil e militar israelí.
A zona A e B son as principais cidades, o 95% da poboación e o 40% dos territorios. E a zona C é o 60% do territorio onde hai auga e saneamento, zona á que os palestinos teñen prohibido entrar. Durante estes anos, os asentamentos israelís experimentaron a súa maior expansión desde 1967.
O fracaso dos Acordos de Oslo e os asentamentos xudeus levou á Segunda Intifada no 2000, esta foi máis violenta que a primeira, e cobrou a vida de 4.000 palestinos e 1.000 israelís. O conflito remata en 2005, e neste época Israel aumenta o control territorial e aproba, en contra da Corte Internacional de Xustiza, a construción dun muro para separar Cisxordania de Xerusalén, o que illou a un 10% da poboación palestina. En 2002 sucede o atentado de Pascua, un ataque de Hamás onde morreron 30 civís, ao que os israelís responderon reocupando partes de Cisxordania.
En 2006 Hamás gañou as eleccións na Franxa de Gaza contra Al Fatah pero decidiron gobernar xuntos, ata que en 2007 Hamás acabou tomando o control total pola forza. Ante isto, varios países suspenden a súa axuda humanitaria a Palestina e créase un férreo bloqueo sobre Gaza por parte de Israel, onde só permiten o acceso aos alimentos básicos.
De 2008 a 2009 este bloqueo aumentou, e ademáis tamén por parte de Exipto, polo que máis de 1.500.000 palestinos en Gaza sobreviven da axuda humanitaria e o contrabando. En resposta a este bloqueo continuo, Hamás rompe a trégua entre Israel e eles e os bombardea, tras isto Israel responde con cohetes e tanques. Os danos desproporcionados en ambos os dous lados atraeron a atención internacional xa que houbo 13 mortos en Israel e 1.300 en Gaza.
En 2014 Hamas asasinou a tres adolescentes israelís, isto provocou que Israel bombardeara, e atacase sobre terra, outra vez na Franxa de Gaza, comeza así a Guerra de Gaza 2014, nesta guerra EEUU e o Reino Unido axudan a Israel. O resultado das vítimas foi de 2.251 mortos palestinos (1.462 civís, 551 nenos e 299 mulleres) e 66 militares e 5 civís israelís.
E este sería o contexto para entender axeitadamente a actual guerra Hamás-Israel.
Comentarios
Publicar un comentario